Ir ao contido principal

Remataron os traballos na fosa de Cabreira

Os traballos en campo do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, neste 2024, chegan ao seu fin

O pasado xoves, 28 de novembro remataron os traballos na fosa do cemiterio vello da parroquia de Cabreira. Cumprimos cos obxectivos formulados nun inicio xa que localizamos un enterramento que presenta elevados indicios de ser a fosa e ademais, atopamos os restos de catro individuos que poderían encaixar, segundo unha análise preliminar do forense, coas persoas que buscabamos. Faltaría por atopar o quinto corpo ao que fan referencia o rexistro civil de defuncións e a memoria oral, xa que sería un grupo de cinco persoas e non de catro. Á espera das análises definitivas, buscaranse os medios para poder facer as probas de xenética e comprobar se son os veciños de Moaña, dados por desaparecidos en 1936.